domingo, 16 de diciembre de 2012

SERVIZO DE URXENCIAS

Xa temos o noso servizo de urxencias listo.Así que nenos e nenas a partires de agora todos os libro que vexades que non estean en bo estado pódeos  na ambulancia e serán levados a reparar. Moitas grazas

                           
                                        

FORMACIÓN EN MEIGA

Este venres tivemos a  sorte de que a persoa encargada da biblioteca do concello, unha experta no programa MEIGA, nos viñera ensinar  máis  en profundidade como buscar libros no programa, como facer para comentar o que máis nos gusta dos libros que lemos, etc.


miércoles, 12 de diciembre de 2012

RECITANDOCELSOEMILIO

Este ano celebrase o centenario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro. Dende a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística,  co obxectivo de manter viva a memoria do poeta, organiza a actividade dun  acto público de recitado conxunto do poema “Deitado fronte o mar”. Así que hoxe, 12-12-2012 as 12 horas, todo o centro baixamos a praza do pobo de Bande (lugar de gran valor simbólico no pobo) para recitar o poema.


martes, 11 de diciembre de 2012

CARTA OS REIS MAGOS


Nenos e nenas xa tedes na biblioteca o buzón para poder depositar a vosas cartas os Reis Magos. Xa sabedes que o noso trasno estará encantado de facerllas chegar os Reis. Recordade nesas cartas hai que pedir desexos e non cousas que se compren con cartos.

ALA!!!! TODOS A ESCRIBIR!!!!!!




DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS

Onte, 10 de decembro, celebramos na nosa biblioteca o Dia internacional dos Dereitos Humanos.
A actividade principal foi unha exposición de fotos representado todos os dereitos que temos. Cada clase tivo que representar en fotos algúns dos dereitos e logo explicar a foto para o resto dos seus compañeiros.







lunes, 3 de diciembre de 2012

DIA INTERNACIONAL DA LOITA CONTRA VIOLENCIA DE XÉNERO

O pasado luns, 26 de Novembro, celebramos o dia internacional da loita contra a violencia de xénero. Dende o concello, en colaboración coa biblioteca,  organizaronse distintas actividades en relación co tema.  Cada unha das actividades foron adaptadas as diferentes etapas e ciclos.



viernes, 16 de noviembre de 2012

MOCHILAS VIAXEIRAS

Esta semana empezaron a viaxar as nosas mochilas. Son 6 mochilas que viaxan durante todo o curso por os fogares dos nosos alumnos. Cada mochila conten  cousas para os nenos pero tamén para seus pais e nais.

Esperamos que as disfrutedes!!!




 Caderno para que tanto os nenos como os ses familares comenten sobre a mochila e o seu contido.



Caratula identificativa da mochila.



 O contido dunha das nosas mochilas.



Contido dunha das mochilas

PUZZLE DA NOSA MASCOTA

NENOS E NENAS XA TEDES A VOSA DISPOSICIÓN NA BIBLIOTECA O PUZZLE DA NOSA MASCOTA . Hai puzzles con diferentes números de piezas segundo as idades.





domingo, 28 de octubre de 2012

Día das Bliotecas Escolares


O día 24, día das bibliotecas escolares, celebramos dúas sesión de contacontos na nosa biblioteca.

-Unha para os máis pequechos (infantil e 1º ciclo de primaria) na que lle contamos, por fin, a verdadeira historia da nosa mascota, como a coñecemos, como chegou a nosa biblioteca e o que fai realmente aquí.

-Outra sesión para os rapaces máis grandes (2º e 3º ciclo) na que se relata a historia dunha rapaza que non lle gustaba que todos os contos remataban mal. Tras escoitar este conto os rapaces prometeron crear o libro  “Partes escondidas dos contos” no que nos van contar a todos cal é a vida actual  dos personaxes máis famosos dos contos. Ánimo rapaces!! Estamos impacientes de ler os vosos contos.

A continuación, nas dúas próximas entradas, podedes ler os contos.

Contacontos para os maiores

Vouvos contar unha historia dunha nena que podería ser calquera de vos.  É a historia dunha nena á que non lle gustaban os contos.
E non lle gustaban os contos porque pensaba que neles só ocorren desgrazas. Carapuchiña atópase co lobo e o lobo cómese á avoa. Os tres porquiños están mortos de medo porque outro lobo sopra e sopra para podelos comer despois na sopa. Brancaneves sempre anda perseguida e escondida sen unha fada que a salve e remata envelenada. Dos fillos dos dálmatas non sabemos nada, e a pobre Cincenta é cruelmente maltratada. A Bambi mátanlle á nai e ao Rei León ao pai.
Un día, xa cansa de non atopar ningún conto sen desgrazas púxose pensativa a mirar para o ceo e contoulle moi triste á lúa porque  non lle gustaban os contos.
A lúa contestoulle que tiña razón e que só ela tiña as escenas dos contos que non coñecemos.
-       Entra neste cráter e conta tres, e xunta tamén os pés. Díxolle a lúa. A rapaza así o fixo e apareceu de pronto na mesmiña Lúa.
Entrou no cráter despaciño como lle dixera a Lúa e alí estaba a súa amiga Marula a tartaruga, de pé sobre as súas patas traseiras dándolle a unha manivela que facía mover unha cinta transportadora. Coa pata que lle quedaba libre ía sacando dunha caixa sen fondo todos os ingredientes necesarios para crear os contos: un gato, unha alfombra voadora, moitas fadas, bruxas, un mar con sereas cheas de burbullas, unha malvada, un pez anano que podía ser Nemo, un monstro dun só ollo que conta chistes e unha pantera que non se lle ocorre outra cousa que ser de cor rosa.
Marula bota polvos de envexas, heroes, pesadelos, triunfadores e príncipes. Feitizos, namoramentos e venganzas, animais que escapan e serpes que botan a lingua antes de encher a panza.
 A rapaza díxolle a Marula que non metera nos contos tantas tristezas, ni nais malas nin bichos sen cabezas.

E preguntoulle á tartaruga:
-       Podes dicirme, Marula, a qué se dedica agora Pinocho ou se ao final Peter Pan medrou, se Mulán estudou belas artes ou se Garfield sigue facendo o gamberro por todas partes?

A rapaza veu que da cinta transportadora todo pasa a una cabina que xira, que Lúa tamén se mete e que un anaquiño  alí se queda, sae pronto e nun momento, entre as mans xa ten un novo conto que lle entregou á rapaza.

E díxolle a Lúa:
     - Aquí tes. Neste conto cóntoche o que non sabes, o que lle pasa á sirenita ou cantos netos ten o       Príncipe Quieto. Podes xa lelo, pero sae do cráter primeiro.

E co conto baixo o brazo marchou a rapaza que non puido aguantar a curiosidade e antes de saír do cráter da Lúa mirou as tapas do libro e veu que se titulaba “As partes escondidas dos contos”.
Enterouse de que o noso querido Pinocho ten unha nai moi boa que entre plin e plan se desmelena e resulta que rematou convertida nunha ballena. Que o Rey León nunca morreu pero que foi a lei da selva quen o escondeu. Que o lobo de Carapuchiña é o mesmo que o dos tres porquiños e que non é nin máis nin menos que un bonito trasno que se chama Lobo, que se disfraza entre os ventos para asustar un pouco aos personaxes dos contos.
Tamén se deu conta que todos os finais dos contos son felices porque un conto non é máis que unha historia inventada escrita para os nenos e que non ten outra finalidade  que levarnos a outros mundos, a veces a ritmo de canción, coa única misión de alimentar a nosa imaxinación.
Cando a rapaza chegou á casa quixo seguir lendo no seu novo libro de contos, pero descubriu que ao deixar atrás o cráter da Lúa, nel quedaron todas as palabras que o libro tiña escritas.
Ata as nosas mans chegou ese libro que agora está en branco, e esa rapaza que entendeu que os contos son viaxes pola imaxinación pídevos agora a vos que volvades cubrir o libro coas continuación de contos que vos inventedes para que queden recollidas no voso libro das “Partes escondidas dos contos.”

                       

Contacontos para os máis pequechos


A VERDADEIRA HISTORIA DO NOSO TRASNO

Din que é unha lenda e que ninguén os veu xamais, pero nós aquí en Bande sabemos que non é verdade. Porque na nosa biblioteca vive unha personiña moi especial… alguén a coñece? Quen vive na nosa biblioteca????
E sabedes como chegou aquí???? O día que a coñecemos, os profesores do cole levamos unha grande sorpresa, porque non sabíamos que estaba aquí.
Estabamos traballando na biblioteca colocando nos libros e ao sacar un do seu sitio… ohhhh cal non foi a nosa sorpresa cando nos atopamos con este pequeno homiño… agachadiño… asustado… e tembloroso. Mirounos fixamente con cariña de susto, saltou do estante e saíu disparado meterse detrás doutro libro. Parecía que ata escoitabamos os latexos do seu corazón acelerado, e cóntovos un segredo… eu creo que do susto… ata se fixo caca e todo… porque empezou a cheirar a marmelada de fresas. (Que é do que fan a caca os trasnos).
Levounos un bo anaco conseguir convencelo de que non lle iamos facer nada, e cando conseguimos tranquilízalo, pro fin saíu do seu escondite. Sentouse cas perniñas colgadas mesmo deste estante. A profesora Lorena púxolle a man para que saltara a ela e con moita delicadeza colocouno enriba da mesa.
Non lle podíamos quitar ollo de enriba e alí sobre esa mesa comezou a falar:
Fai moitos, moitos anos vivía nun lugar moi moi lonxano. Alí estaba feliz habitando unha enorme biblioteca chea, chea de libros. Era unha biblioteca con miles de libros, pintada de moitas cores e á que cada día viñan moitísimo nenos buscar libros para ler no seu tempo libre. Nunca estaba só e era moi feliz  lendo un libro detrás doutro. Pero nun castelo cercano vivía unha malvada bruxa que odiaba os libros e os nenos e nenas que lles gustaba ler. Un día presentouse na biblioteca e utilizou o seu poder contra min botándome un maleficio que fixo que se me borrara a memoria. Dende entón os nenos deixaron de ir a aquela biblioteca que se  volveu gris e escura. Os libros fóronse estragando nos estantes sen que ninguén os lese. Eu esquecín case todo da miña vida, non recordo nin o meu nome e vivo vagando polas bibliotecas de todo o mundo buscando libros que me poidan dar unha pista de quen son.
Cando cheguei a Bande e vin esta biblioteca tan bonita e con tantos nenos aos que lle gusta tanto ler recordoume a aquela vella biblioteca na que eu vivía antes de perder a miña memoria. Así que decidín quedar aquí coa esperanza de que estes nenos e nenas me axudaran e para ao mesmo tempo protexer esta biblioteca da bruxa malvada que afasta aos nenos das bibliotecas para volvelas grises e escuras. Entre todos seremos capaces de manter a malvada bruxa afastada da nosa biblioteca vindo a ela todas a veces que poidamos e lendo cada vez máis libros.



                           

jueves, 25 de octubre de 2012

Día das bibliotecas escolares

Como xa sabemos, onte 24 de outubro foi  o día das bibliotecas escolares, e entre outras actividades, quixemos conmemorar este día gravando un divertido vídeo con todo o que se fai un dia nas bibliotecas dos nosos centros, catalogamos libros, os nenos collen e devolven os seus libros, nenos que van o ordenador, sesións de contos, etc.



sábado, 12 de mayo de 2012

"Para min un libro é..."

Aquí vos deixamos algúns dos traballos feitos polos nosos alumnos para a actividade “Para min un libro é …”

Marta (5 anos)

Anxela (1º curso)
                                                           
Andrea (3º curso)

Ares (5º curso)
                                                          

domingo, 29 de abril de 2012

SESIÓN DE CONTACONTOS

Os nenos/as e mestres/as do centro tivemos a sorte de disfrutar no salón de actos do concello dun fermoso conto  " Pepiña Maruxiña quere voar". Conta a historia dunha xoaniña que quería voar pero non tiña ás, así que, anduvo na busca da raíña das flores para que  a axudara.


martes, 24 de abril de 2012

CLUB DE LECTURA

Dende fai unha semana xa está a funcionar o noso club de lectura on-line en colaboración co CEIP Otero Novas de Cortegada!!!!!!!!!!!!!!

Estamos moi orgullosos deste proxecto dirixido especialmente ao alumnado de 2º e 3º ciclo de Educación Primaria de ambolos dous centros.

Se queredes saber máis cousas desta experiencia podedes visitar o blog pinchando no enlace da dereita e  ver todos os comentarios que ao longo desta semana xa foron subindo os rapaces e rapazas.

"DÍA DO LIBRO"

Aqui tedes algunhas fotos das actividades do día de onte.

Exposión dos traballos "Para min un libro é ..."


 Mercadillo de libros


Casiñas do conto "Os tres osiños" feitas polos nenos de Educación Infantil.

domingo, 22 de abril de 2012

DÍA DO LIBRO


Este luns, día 23 de abril, celebrase o “día do libro” por este motivo dende a biblioteca póñense en marcha  distintas actividades:

   -Exposición dos traballos “para min un libro é…”: cada alumno/a debe plasmar nun folio o que significa para el un libro.
   
   - Mercadillo de libros.
 
   - Intercambio de libros: cada neno/a o luns traerá un libro da súa casa que intercambiará con un compañeiro/a durante toda a semana na hora de ler.

miércoles, 18 de abril de 2012

SESIÓN DE CONTACONTOS

Un dos proxectos q levamos a cabo este ano é que os nenos do noso centro fagan uso da biblioteca do concello fora do horario lectivo. Entre as moitas actividades que estamos desenvolvendo para acadar este obxectivo atópanse entre outras as seguintes:visitas de cada un dos cursos para aprendan o funcionamento e as normas da biblioteca, actividades de contacontos, de manualidades, etc.

Aquí vos deixamos unhas fotos da ultima sesión de contacontos a que asistimos.

Os nenos pasárono xenial!!!




domingo, 11 de marzo de 2012

BIBLIOTECA PARA PAIS/NAIS

Púxose en marcha un recuncho para a lectura de pais e nais. Tedes este espazo situado no hall do centro, xusto na entrada. Nel podedes encontrar distintos libros adaptados os vosos gustos, prensa, revistas, etc.

 Cando cheguedes cedo a deixar ou buscar os rapaces podedes utilizalo. É recordade que a biblioteca é un espazo aberto a toda a comunidade educativa, polo tanto vos tamén podedes solicitar o voso carné e así poder levar, en formato préstamo, estes libro para a casa.

 Recorda, ¡Se ti les , eles len!


domingo, 12 de febrero de 2012

APADRIÑAMENTO LECTOR

Os mais grandes cóntanlle contos os mais pequechos. Aquí tedes as fotos dunha das sesións de contacontos. Que caladiños e atentiños están!!




domingo, 5 de febrero de 2012

XA TEMOS MASCOTA DA BIBLIOTECA!!

Xa temos mascota!! Grazas a todos os alumnos por aportar a súas ideas e noraboa a María Feijoo de 2º  de Educación Primaria, que é a autora da mascota.


sábado, 21 de enero de 2012

ACTIVIDADES PRIMEIRO TRIMESTRE

Despois dun trimestre facendonos esperar xa temos o blog da nosa biblioteca cheo de actividades. Aqui está un pequeno resumo das actividades do primeiro trimestre.

CONTACONTOS
Anxo Moure, veu de visita o cole a contarnos as historias de "O carballo con botas". Recomendámosvolo, está xenial! Os nenos encantoulle.





SAMAIN
Os profes do cole representamos unha obra de teatro para os nosos alumnos. Canto se riron!!!!!






CONTACONTOS
A profe Belén contounos uns contos.