lunes, 28 de octubre de 2013

Mochilas Viaxeiras

Un ano mais vólvense por en marcha  as mochilas viaxeiras. Esperamos que  vos gusten e poidades disfrutar  con elas  rapaces!!!


domingo, 27 de octubre de 2013

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Por mor da folga de ensino celebrada o día 24, o día das bibliotecas escolares tivo que retrasarse un día, pero por fin o venres chegou o día. Foi un gran día  porque a pesar de que a nosa nova biblioteca aínda non esta rematada de todo, xa puidemos realizar nela a nosa primeira actividade.
 Como xa vos  anunciaramos este día iamos inagurar a actividade “contacontos especiais”.  A persoa encargada de iniciarse como contacontos  foi Conchita antiga mestra do centro, profesora da maioría dos pais dos nosos alumnos. Conchita contou dous contos, un para os mais pequechos

                                                                                                                                         

                       

 e outro para os maiores.



Tanto para mestres, alumnos  como para a propia Conchita foi un día moi especial.


Pero esta non foi a única actividade, tamén se fixo unha exposición con todos os traballos dos alumnos  sobre o seu conto preferido.


miércoles, 23 de octubre de 2013

Cambios de plans

Por mor da folga convocada para mañá vamos ter que cambiar o plan de actividades para o día das bibliotecas escolares. Sintooo moito nenos, pero o contacontos  que estaba pensado para mañá celebrarase o venres. Teredes que esperar un día mais para saber quen inagura a nosa actividade de  CONTACONTOS ESPECIAIS..... quen será????

martes, 15 de octubre de 2013

CONTACONTOS ESPECIAIS

Este ano vamos por en marcha de novo as sesións de contacontos pero dun xeito especial. Os nosos contacontos van ser persoas  que non están agora  no colexio pero que  dun xeito ou outro e algún momento do pasado si tiveron vinculación co mesmo.  Inaguramos esta actividade o próximo xoves 24, día das bibliotecas escolares, Que será o noso/a contacontos???? Fáganse apostas…… Asegúrovos que non vos vai defraudar.