miércoles, 17 de abril de 2013

AMIZADE

Mirade que bonito poema escribiu a alumna  Rocio Seijo Reyes de  6º curso.


Amizade, bonita palabra,
sentimento entre amigos
que a túa porta sempre chama
cando estás aflixido.

Cando estou sen razón
e non encontro consolo
eu sempre me acordo
do teu gran corazón.

Tamén cando estou alegre
gústame compartirte,
contarte, dicirte e sentirte
cos meus amigo e outra xente.