jueves, 4 de diciembre de 2014

Campaña solidaria

A semana pasada participamos nunha campaña solidaria que puxo en marcha a biblioteca municipal. Tratábase de cambiar un quilo de comida por un libro. Ala fomos con caixas cheas de comida!!!!






viernes, 7 de noviembre de 2014

Contos cantados

Onte tivemos o pracer de ter na nosa biblioteca a Susa Herrera. Cantounos as cancións do seu conto “Cantos animais”. Que ben o pasamos cantando e bailando todos!!!!



miércoles, 29 de octubre de 2014

O SAMAIN

Este ano si é  UN SAMAÍN terrorifico porque a bruxa da biblioteca....secuestrou a nosa mascota...O xocas...agora levamos toda a semana aguantando aos profes sometidos aos seus meigallos...estan tristes,apagados...serios...Maña iremos por todo o pobo buscando pistas que nos fagan dar coa Mascota e traela de novo.




sábado, 25 de octubre de 2014

24 de Outrubro, "Día das Bibliotecas Escolares"

Un ano mais celebramos o día “grande” da biblioteca. Para conmemorar o día das bibliotecas escolares celebráronse dúas actividades principais.

 Por unha banda, a exposición dos traballos da actividade "Elixe unha frase...."  na que tanto alumnos, mestres como persoal non docente debíamos escoller e plasmar esa frase que lemos e nos marcou para sempre.

Ademais tivemos o pracer de recibir a unha contacontos moi especial, Conchita, antiga mestra de colexio. Contounos dous fermosos contos “Ruido”de Pablo Albo y Guridi e “Quen lle ten medo á carapuchiña vermella?” de Sara Sahinkanat e Ayse Inan Alican. Moitas grazas Conchita, esperamos que volvas pronto!!!.



martes, 14 de octubre de 2014

Mochilas viaxeiras

Un ano mais póñense en marcha  as mochilas viaxeiras  con  materiais tanto para o alumno  como para o resto da familia. Esperamos que as disfrutedes!!!!



lunes, 12 de mayo de 2014

UN LIBRO ABERTO....

Nunha das paredes da biblioteca xa podedes ver un fermoso proverbio hindú explicando o que significa un libro aberto. Dámoslle grazas de novo os pais dos nosos alumnos. Neste caso a Judith, nai de María e Pol, que foi a encargada de deixar estas fermosas verbas para sempre na bilioteca.

XIX ENCONTROS DE TEATRO ESCOLAR E AMATEUR EN BANDE

DO 12 O 16 DE MAIO Lugar de celebración: Salón de actos do CEIP Xoaquín Lourenzo

viernes, 9 de mayo de 2014

"Club de lectura"

Este ano ponse en marcha o club de lectura co libro “Palabras de caramelo”. Rapaces xa sabemos que vos está encantando o libro!! Nuns días faremos o primeiro encontro para a posta en común, estade atentos o taboleiro da biblioteca para saber a fecha.

domingo, 9 de marzo de 2014

Entroido!!!!

Celebramos o entroido "cargados de oficios", un pouco mais actuais que os que nos mostraba Xoaquín Lourenzo no seu libro "Os oficios" e que deu pé a temática de entroido deste ano dentro do PDI.




                                 




lunes, 24 de febrero de 2014

"Dia de Rosalia"

Hoxe, 24 de febreiro celebramos o día de Rosalia. Na biblioteca os alumnos visionaron  un documental feito por alumnos doutro centro sobre a biografía e obra de Rosalia de Castro. Ademais escoitaron " Adeus rios, adeus fontes" de Amancio Prada.

O entroido xa chegou


Esta semana comeza o entroido no colexio. O meco reaparece (Xocas) dando a súa primeira orde: "O luns o entroido comezamos a disfrutar trae unha "faldita" para poder baila".


domingo, 23 de febrero de 2014

"Charla sobre drogas"

Esta semana os alumnos do terceiro ciclo puideron oir da man dun profesional os efectos nocivos que producen as drogas.

jueves, 20 de febrero de 2014

Chegou o "Día da Paz"

Onte por fin pusidemos facer a actividade que tiñamos programada para o día da Paz, 30 de Xaneiro, e que por mor do mal tempo foinos imposible sair do centro ata onte. Estivemos repartindo "mensaxes de Paz e amizade" por to o pobo. Os veciños e veciñas de Bande quedaron encantados, sobre todo os do centro de día e residencia da terceira idade.








domingo, 16 de febrero de 2014

San Valentín

O pasado venres 14 de febreiro celebramos o día de San Valentín  no colexio. Na biblioteca colocouse un buzón para que nenos/as, profes e pais e nais puideran deixar  mensaxes de amor e amizade. Tras a comida, repartíronse as cartas. Ninguén quedou sen carta!!!!