domingo, 27 de noviembre de 2016

Club de lectura

Esta semana empezamos co club de lectura. O libro elexido para ler no teu ebook será:



25 de Novembro Día Internacional contra Violencia de Xénero

Ademais dunha charla sobre a Violencia de xénero e acercar os nenos a os sexismo existente nas revistas de xoguetes, para conmemorar o día contra a violencia de xénero todos os nenos levaron un fermoso marca páxinas, feito por eles mesmos,  para as súas casa.



jueves, 24 de noviembre de 2016

"Unha castaña de conto"

Este ano, aproveitando a festa do San Martiño, propuxemos os alumnos que escribiran un conto no que os protagonistas estiveran relacionados coas árbores, castañas, outono, ... Entre todos os contos elixiriamos os mellores. A verdade e que foi todo un éxito e saíron contos preciosos. Estamos rodeados de pequenos- grandes escritores. Aquí están os afortunados gañadores. Moitas felicidades!!!!



martes, 22 de noviembre de 2016

Nenos ou Nenas???


Estes buzón estará ata o venres na biblioteca. Aproveitando que esta semana se celebra o Día Internacional da Violencia de Xénero  e que o Nadal e os regalos están moi preto , entre todos queremos investigar  se hai  diferenzas ou non  en canto os xoguetes que se ofrecen para nenos e para nenas. Rapaces a investigar nos catálogos das xogueterías!!!!

lunes, 24 de octubre de 2016

Día das Bibliotecas Escolares

Hoxe, dia das bibliotecas escolares, iniciamos o ciclo de actividades que dende a biblioteca se veñen a desenvolver ano tras ano. Este ano para celebra este día todos os mestres quixemos facer un pequeno teatrillo para os nosos alumnos. Contamos a historia do “Coelliño Branco”. Esperamos que vos gustara!!!!





 

miércoles, 25 de mayo de 2016

Exposición Normalización Lingüística

Esta semana temos no centro a exposición da Equipa de Normalización Lingüística Baixa Limia-Terras de Celanova. Este ano o tema dos traballos é "a paisaxe romatica". Podedes vela no hall da biblioteca.


domingo, 22 de mayo de 2016

Celebramos o "Día das letras galegas"

Como todos os nos, e este non ía ser menos, dedicámoslle unha semana enteira a celebrar as “letras galegas”. Como todos sabedes este ano dedicábanselle a Manuel María. Ademais este ano tamén se celebra o IV centenario da morte de Miguel de Cervantes. Así que esta semana fixemos actividades tanto para Coñecer a Manuel María como o Quixote.

Traballouse a figura de Manuel María e a súa obra.




Os nenos do IES falaronnos de Manuel María.




Pero a celebración das letras galegas non quedou solo nestas dúas actividades. No centro tamén se celebrou esta semana o “XXI Encontros de Teatro Escolar e Amateur en Bande”






domingo, 1 de mayo de 2016

Reservas da biosfera

Estamos a coñecer o noso país. E a verdade que cada día descubrimos cousas mais fascinantes. A cantidade de lugares de reserva da biosfera que hai en España e nos se sabelo!!!!! Coñecemos mais de cerca preciosos lugares do Norte de Galicia.


martes, 26 de abril de 2016

Día do libro

Este ano celebramos o "Día do libro"  cos nosos compañeiros de Secundaria. Coñecemos mais de cerca a Cervantes e o seu ""Quixote da Mancha"".  Ademais fixemos uns bonitos marcapaxinas.





lunes, 18 de abril de 2016

Charla sobre drogas e alcohol

Os rapaces maiores acaban de recibir unha magnifica charla acerca dos problemas que trae consigo o consumo das drogas e alcohol.

domingo, 6 de marzo de 2016

Novo libro no club de lectura

Temos un novo libro por diante para coñecer novas aventura. O libro escollido esta vez foi “Nena e o mar”. Nesta ocasión decantámonos por o formato dixital. Encántanos a historia!!




miércoles, 17 de febrero de 2016

"San Valentín"

Este ano tampouco deixamos de celebrar o día dos namorados no cole. Como o 14 de febreiro foi domingo celebrámolo o luns 15. Todos os nenos, mestres e resto de persoal do centro tiveron a oportunidade de deixar a súa mensaxe de amor e/ou amizade a quen eles quixeron. As mensaxes foron depositadas no buzón que o "Xocas" nos deixou na biblioteca. O amor sentiase por todo o colexio!!!!


lunes, 1 de febrero de 2016

Día da Paz


Preciosa canción a que cantamos na biblioteca o pasado venres como conmemoración do día da paz, "Tu enemigo" de Pablo López e Juanes. Unha letra para reflexinnar e pensar.